A continuación vaise redactar unha serie de apps cunha descripción e vídeos ou imaxes que funcionan como recursos lúdicos e interactivos para a atención á diversidade. A app “Soyvisual”, a
parte de ser en sí mesma un sistema de comunicación que emprega claves visuais
coma imaxes, láminas..., permite a emprega de un grupo de actividades
interactivas para o desenrolo da linguaxe, permitindo unha aprendizaxe autónoma
e adaptada aos ritmos dos nenos e nenas. Entre as actividades dispoñibles
pódense atopar xogos de lectoescritura, tanto con grafías concretas coma con
palabras soltas, e xogos de léxico-semántica.
“Smile and Learn” é unha app con xogos,
contos interactivos e vídeos dispoñibles en varios idiomas para nenos e nenas
entre 3 e 12 anos para que desenrolen as súas capacidades cognitivas e as
intelixencias múltiples coma as matemáticas e a lóxica, a linguaxe, emocións...
“Sígueme” é unha apliicación deseñada para
potenciar os procesos perceptivo-visuais e cognitivo-visuais das persoas con
autismo.
As actividades de
vídeos, fotografías, pictogramas, debuxos, etc. están organizadas en fases que
van dende a estimulación basal e a adquisición de significados (por medio de
ditos recursos) a actividades de categorización e asociación mediante xogos.