martes, 14 de mayo de 2019

Convertido en mariposa



Na entrada de hoxe gustaríame deixar unha reflexión personal que fixen sobre o corto "O Circo das bolboretas". Neste corto, contrapoñíanse dous tipos de circo distintos, representados polo circo das variedades e o circo das bolboretas.
No circo de variedades trataban ás persoas "diferentes" coma un obxecto de espectáculo, exibíndoas ante a xente para que ésta se poidera burlar delas, e á súa vez sentirse mellor, por non ter as mismas características que esos "seres". En cambio, no circo da bolboreta trataron ó protagonista (un dos "seres" que exhibían no antedito circo, un home sen brazos e con pes diminutos) coa humanidade que sempre mereceu, validándoo como a persoa capaz que é. Os valores que aparecen no filme son o respeto, a amizade, a autonomía, a valoración persoal e o cariño. Pola contra, os contravalores que aparecen son o insulto, a burla, a negación persoal, o desprecio, o maltrato e o abuso. O momento do filme que máis significou para min foi cando ó final o neno pertenecente ó circo das bolboretas, que tiña unha eiruga nun bote, sóltaa xa convertida en mariposa, como unha metáfora da evolución persoal do protagonista, que pasou de non poder moverse nin nadar a ser moito máis autónomo gracias á aceptación e axuda que recibiu por parte dos seus colegas do circo das bolboretas.


Icía Abella

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...