sábado, 4 de mayo de 2019

Mira a diferenza cos ollos dun neno

Neste vídeo, "The eyes of a child", a asociación francesa Noémi, propuxo a un grupo de pais/nais e fillos/as que imitaran os xestos da xente que aparecía en  televisión. Todo resultaba moi divertido ata que aparece en pantalla unha nena con discapacidade. A continuación vou expoñer o meu punto de vista sobre as reaccións de ámbolos dous grupos.


Dende o meu punto de vista, as reaccións que teñen tanto as persoas adultas coma os nenos e nenas son normais.
Estou de acordo en que a reacción dos adultos e adultas ven dada polos prexuízos, pensamentos e valores que nos vai inculcando a sociedade. A comunidade inculca esas ideas e comportamentos co fin de levar unha convivencia “ordenada”, “respectuosa” e “cordial”.  
Os nenos e nenas están libres desas influenzas sociais e ven ás persoas coma o que son, persoas.
As persoas adultas pensan que esas “faltas de respecto” débense á falta de coñecementos ou educación que teñen as criaturas ata chegar a certa idade, sen darse de conta de que esa falta de entendemento é a verdadeira sabedoría da que dispoñen os seres humanos.
Creo que é moi importante que as persoas, teñan a idade que teñan, non sintan que están separados  por ningunha clase de características ou categorías. Tódalas persoas deben sentirse diferentes e normais con respecto ao resto de persoas: “diferentes” porque non existen dúas persoas iguais, e “normais” porque todos e todas temos os mesmos dereitos e debemos poder acceder a tódalas oportunidades e ser tratados/as con respecto e sen que as nosas diferenzas interfiran no noso trato coas demais persoas.
En conclusión, creo que a actitude dos nenos e nenas é correcta, pero tamén creo que tódalas persoas, a partir dunha certa idade, tomamos como correcto o comportamento dos adultos/as do vídeo. Sería marabilloso que todos puideramos comportarnos abertamente sen sentir cortes ou que estamos facendo algo indebido cando non temos intención de prexudicar ou ofender a outras persoas, pero aínda temos que percorrer un largo camiño para iso.
Nos, coma mestres e mestras debemos apoiar e fomentar ese cambio de pensamento para que chegue o día en que todos e todas sexamos “normais” a os ollos dos demais.

Uxía Insua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...