No corto aprécianse claramente as diferenzas entre ámbolos dous circos. No “Circo de variedades” buscase simplemente mostrar a esas persoas diferentes, que sobresaen do común como un obxecto de burla, buscando a diversión e o entretemento dun público que, considerando a esas “variedades” inferiores, permítese burlarse deles, insultalos e mesmo agredilos. Por outra banda, “O circo da bolboreta” busca tamén o desfrute do público, pero a través da demostración das incribles habilidades dos seus membros, que poden lucirse mostrando o seu talento e o todo o traballo e esforzo que se precisa para levar a cabo cada un dos números, espertado así a admiración e recoñecemento do próximo.
No filme tamén se transmiten unha serie de valores e contravalores que estiveron e aínda están moi presentes na actualidade. Mentres que no primeiro circo transmitíanse contravalores coma os prexuízos, a intolerancia e practicamente a escravitude, xa que todas esas persoas están sufrindo abusos e sendo expostas a xente irrespectuosa, quedando vulnerables a todos os malos tratos que poidan sufrir e xerando sentimentos de angustia, auto-compasión, perdida de respecto por si mesmos...; o circo da bolboreta transmite aptitudes coma o respecto, a tolerancia, a liberdade, a superación persoal, a autonomía, a empatía, igualdade, o mérito do traballo, a amizade e a colaboración e unión dos membros do circo entre o mesmo grupo e con persoas alleas en situación de desvantaxe....
Un dos momentos que mais me gustou do filme foi a conversa que tivo o presentador do circo con Will, no momento en os demais facían o espectáculo e ofrecían boletos, especificamente a frase “Porque tu te lo creiste” que mostra claramente o dano que podemos facer, non so coas nosas accións, se non tamén coas nosas palabras.
Uxía Insua

No hay comentarios:
Publicar un comentario