sábado, 4 de mayo de 2019

Revista Mestra Infantil


Revista “Maestra Infantil” Nº19

Artigo: Educación Especial e Integración. Desorden deficitario de la atención. Prof. Marcela Gómez.

1.Explicación do artigo, por medio dun breve resumo, xa que contiña moita información:
O Desorde deficitario da atención/hiperactividade (AD/HD)  foi nomeado así pola Asociación Americana de Psiquiatría en 1994. A pesar disto, moitos especialistas o seguen denominando ADD, nome dado en 1980.
Existen tres subtipos de ADD:
·       AD/HD de tipo combinado
·       AD/HD con predominio de falta de atención
·       AD/HD de tipo hiperactivo-impulsivo
As características xerais dos nenos/as con ADD son as seguintes:
-      Na aula amósanse tranquilos, ata algo inhibidos, pero que non logran centrar a atención na proposta didáctica.
-      A súa falta de atención é constante e teñen dificultades para realizar ou concluír as actividades.
-      Pode prestar atención á actividade en momentos puntuais, pero axiña abandonan á/ó docente e o traballo a realizar debido á súa hiperactividade e dificultade para controlar os seus impulsos.
Algunhas pautas para ter en conta á hora de traballar con nenos que presentan AD/HD son:
·       Eloxiar ó/á neno/a cando teña un logro e alentalo ante o erro.
·       Solucionar os problemas de maneira organizada.
·       Proporcionar un ambiente estruturado e predicíbel.
·       Prever un espazo tranquilo a utilizar segundo as necesidades.
·       Colocalo xunto a nenos/as que lle dean exemplos positivos.
·       Proporcionar descansos frecuentes.
·       Utilizar técnicas para chamar a atención.
·       Modificar a proposta pedagóxica, tendo en conta que “menos é máis”.
·       Utilizar repostas activas como “Instrución”
·       Ante a imposibilidade ou dificultade para que agarde a súa quenda, pódeselle proporcionar outra actividade que facer mentres.
·       Propoñer xogos par que recorde o material de maneira rutinaria.
·       Utilizar os gustos do alumno para programar propostas de traballo que lle resulten de interese.
·       Antes de que abandone a clase, recordarlle que comprobe onde deixou as súas cousas para que ó día seguinte poida atopalas con facilidade.

2.Opinión persoal do artigo:
O artigo amosa de maneira breve e sinxela, os seguintes puntos: A orixe do término “Desorde deficitario de atención/hiperactividade”, os subtipos deste desorde que existen, as características que posúen as persoas afectadas e algunhas pautas para poder traballar con nenos/as con AD/HD no aula.
Pareceunos moi interesante, pois trata un tema que está bastante en voga actualmente, sobre o que se necesita proporcionar máis información, tanto ás familias como ós/ás mestres/as, xa que existen unha gran cantidade de diagnósticos equivocados deste trastorno en nenos/as, incluso acabando, nalgúns casos, por cambiar o diagnóstico cara a Altas Capacidades, causa que explica esa falta de atención en moitos deses nenos/as mal diagnosticados.
Polo tanto, parécenos unha moi interesante contribución para unha revista dirixida a mestres e mestras de educación infantil, xa que pode dar pé a que investiguen e se informen máis sobre o tema, a modo de chamada de atención, e tamén como axuda para integrar a este tipo de alumnado no aula, de maneira moito máis efectiva.
Icía Abella

Uxía Insua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...