miércoles, 13 de marzo de 2019

Atención á diversidade

O Symbaloo “Atención á diversidade” é unha webmix que pretende achegar ferramentas con información para o profesorado ou as familias sobre as distintas medidas que se poden tomar para atender ás distintas necesidades de cada neno ou nena, así como formación á que os mestres e mestras poderían acceder.

Por outra banda, tamén se ofrecen distintas estratexias metodolóxicas coma xogos ou contos para atender a dita diversidade.

A seguinte ligazón leva á webmix que está compartida de forma pública na galería de symbaloo.com:


Uxía Insua 

O circo da Bolboreta






En esta entrada vaise facer unha reflexión sobre a curtametraxe “The Butterfly Circus” (2009) de uns 20 minutos, que foi gañadora do primeiro premio do concurso de cortos “The Doorpost Film Project”, no que se galardoan obras que promocionan valores universais.
  

No corto aprécianse claramente as diferenzas entre ámbolos dous circos. No “Circo de variedades” buscase simplemente mostrar a esas persoas diferentes, que sobresaen do común como un obxecto de burla, buscando a diversión e o entretemento dun público que, considerando a esas “variedades” inferiores, permítese burlarse deles, insultalos e mesmo agredilos. Por outra banda, “O circo da bolboreta” busca tamén o desfrute do público, pero a través da demostración das incribles habilidades dos seus membros, que poden lucirse mostrando o seu talento e o todo o traballo e esforzo que se precisa para levar a cabo cada un dos números, espertado así a admiración e recoñecemento do próximo.
No filme tamén se transmiten unha serie de valores e contravalores que estiveron e aínda están moi presentes na actualidade. Mentres que no primeiro circo transmitíanse contravalores coma os prexuízos, a intolerancia e practicamente a escravitude, xa que todas  esas persoas están sufrindo abusos e sendo expostas a xente irrespectuosa, quedando vulnerables a todos os malos tratos que poidan sufrir e xerando sentimentos de angustia, auto-compasión, perdida de respecto por si mesmos...; o circo da bolboreta transmite aptitudes coma o respecto, a tolerancia, a liberdade, a superación persoal, a autonomía, a empatía, igualdade, o mérito do traballo, a amizade e a colaboración e unión dos membros do circo entre o mesmo grupo e con persoas alleas en situación de desvantaxe....
Un dos momentos que mais me gustou do filme foi a conversa que tivo o presentador do circo con Will, no momento en os demais facían o espectáculo e ofrecían boletos, especificamente a frase “Porque tu te lo creiste” que mostra claramente o dano que podemos facer, non so coas nosas accións, se non tamén coas nosas palabras.

Uxía Insua

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...