martes, 14 de mayo de 2019

Uxía Insua

Ola! O meu nome é Uxia Insua Castro, alumna do Grado de Educación Infantil da Universidade da Coruña.

En este blog prendese facer unha recompilación de todas as actividades feitas na materia de Bases Didácticas para a Educación Inclusiva.

Eu fixen as prácticas na E.I.M. Arela, na aula dos pequenos de un ano e, aínda que non tiven a oportunidade de traballar ou ver como traballaban con algún neno ou nena con NEE ou NEAE, sei que en un futuro é case seguro que me toparei con alumnado con distintas necesidades e creo que esta recapitulación de información e actividades pode ser moi útil para o meu futuro profesional e que me permitirá atender ás necesidades de todo o alumnado na medida do posible e ampliará o meu coñecemento e forma de pensar para poder aspirar a ser unha docente que faga o posible para que o seu traballo conte para todos/as e que poida contribuír á mellora so sistema educativo.


En relación a este último, creo que avanzamos moito co paso dos anos e a atención que se da agora non é a mesma que tiveron meu pai e miña nai ou mesmo eu, pero creo que se pode facer moito mellor e temos que esforzarnos para que cada unha desas melloras e estratexias chegue a todas as aulas e este dispoñible para todo o profesorado e alumnado.

Uxía Insua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...