sábado, 4 de mayo de 2019

Pictogramas

Comentario dunha secuencia de rutinas


Esta ficha de rutina con pictogramas trata o tema de ir ó baño para unha persoa que usa cueiro. Amosa o que esa persoa debe facer, en orde:  Primeiro de todo, baixar o pantalón e a roupa interior, a continuación, sentarse e quitarse o cueiro, apertar para facer as necesidades, limparse ó acabar, subir a roupa interior e o pantalón, tirar da cadea, lavarse as mans, e finalmente secalas. Os niveis nos que se poden usar esta ficha son: E. Infantil, E. Especial, E. Primaria, TVA (Transición Vida Adulta), Anciáns e Centros Ocupacionais. Vai dirixida a persoas con TXD, Acnees/Reforzo Educativo, anciáns, persoas con discapacidade intelectual e persoas con deficiencia na produción da fala. Favorece o coñecemento de si mesmo e a autonomía persoal.
 Á hora de fixarnos ben nas ilustracións da ficha e con respecto a outras da mesma autora, notamos un ápice de sexismo e separatismo ó facer unha para un neno e outra para unha nena, en vez de para persoas en xeral, ademais de que o único caso no que aparecía unha persoa con saia era no caso da nena, dando continuidade ós roles de xénero clásicos. Finalmente, tamén apreciamos certa falta de sentido nas ordes da rutina, pois séntase primeiro antes de sacar o cueiro, e non indica á persoa que debe poñer de novo outro cueiro limpo despois de limparse.

Icía Abella

Uxía Ínsua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...