martes, 14 de mayo de 2019

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusión para pícaros/as con NEE ou NEAE nos centros, e sobre como traballar con eles/as, respectando a súa máxima inclusión dentro da súa aula e centro.
Elixín esta materia porque a inclusión paréceme un elemento fundamental na formación dos e as docentes, xa que necesitamos saber que podemos facer nos casos nos que teñamos alumnado con necesidades especiais para conseguir o seu máximo desenvolvemento, aprendizaxe e integración dentro da sociedade.
O meu ambiente de aprendizaxe ao comezo (en infantil e primaria) foi algo pobre, xa que non dispoñía de ordenador nin internet, pero por fortuna non foi necesario. En secundaria adquirimos un ordenador, e nese caso si que tiven certos problemas por non ter internet, polo tanto acabámolo instalándoo en casa. A partir de bachillerato xa tiven todas as comodidades. Tamén dispuxen de enciclopedias de coñecemento xeral e inglés.
Gustaríame destacar que os meus intereses en canto á educación infantil en xeral son a mellora da metodoloxía, os recursos, e os espazos, dentro do que entre dentro das posibilidades de cada aula e centro. A metodoloxía que máis me interesa para a aula de educación infantil é a aprendizaxe por proxectos, pois parte dos intereses dos nenos/as, algo que considero fundamental. Para finalizar, comentar que as miñas prácticas realiceinas na escola infantil Galiña Azul de Esteiro-Ferrol.

Neste blogue pretendo deixar constancia de todo o aprendido na materia de bases didácticas da educación inclusiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...