sábado, 4 de mayo de 2019

Apps de Atención á Diversidade


A continuación vaise redactar unha serie de apps cunha descripción e vídeos ou imaxes que funcionan como recursos lúdicos e interactivos para a atención á diversidade.

A app “Soyvisual”, a parte de ser en sí mesma un sistema de comunicación que emprega claves visuais coma imaxes, láminas..., permite a emprega de un grupo de actividades interactivas para o desenrolo da linguaxe, permitindo unha aprendizaxe autónoma e adaptada aos ritmos dos nenos e nenas. Entre as actividades dispoñibles pódense atopar xogos de lectoescritura, tanto con grafías concretas coma con palabras soltas, e xogos de léxico-semántica.



“Smile and Learn” é unha app con xogos, contos interactivos e vídeos dispoñibles en varios idiomas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos para que desenrolen as súas capacidades cognitivas e as intelixencias múltiples coma as matemáticas e a lóxica, a linguaxe, emocións...



“Sígueme” é unha apliicación deseñada para potenciar os procesos perceptivo-visuais e cognitivo-visuais das persoas con autismo.
As actividades de vídeos, fotografías, pictogramas, debuxos, etc. están organizadas en fases que van dende a estimulación basal e a adquisición de significados (por medio de ditos recursos) a actividades de categorización e asociación mediante xogos.



Icía Abella

Uxía Insua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...