Mostrando entradas con la etiqueta Módulo 2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Módulo 2. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2019

The eyes of a child


A miña opinión sobre a distinta reacción entre os/as adultos/as e os/as nenos/as é que os/as nenos/as, grazas á súa inocencia, non ven ningunha diferenza entre as outras persoas e a nena con discapacidade, polo tanto non ven nada malo en imitala tamén. Sen embargo, os/as pais/nais, que xa perderon a inocencia fai tempo, saben os "problemas" que sufre esa nena debido a súa discapacidade, polo que a ven como unha persoa diferente ó resto, e quizás sinten que imitándoa estarían burlándose dela, ou algún pensamento similar. 
Sen embargo, como ben di o título do vídeo, todos e todas deberíamos comportarnos coma fixeron os/as nenos/as, divertíndonos con ela e imitándoa, pois é unha nena igual que calquera outra, só que posúe unhas capacidades diferentes ás nosas, e é o único no que é diferente, polo resto é unha persoa igual a calquera de nós. Deberíamos pensar así, e non reparar en sí a estamos ofendendo ou burlándonos dela, senón en que a estamos tratando igual ó resto, como fan os/as nenos/as. É o único trato que ela merece: O igualitario.
Icía Abella

sábado, 4 de mayo de 2019

A nosa Webquest



Nesta Webquest proporciónanse distintos enlaces a páxinas web e/ou vídeos que serven para informar ós nenos/as sobre os animais domésticos, a súa tipoloxía, alimentación... Estes enlaces serven á súa vez para responder ás preguntas do apartado de proceso, que axudan a consolidar o aprendido. Finalmente, mediante a gran pregunta final, situada no apartado final, chamado ``conclusión´´, os nenos/as poderán reflexionar sobre os animais domésticos que eles ven todos os días na cidade na que viven, e desta maneira realizar un esbozo de que tipos concretos de animais domésticos conviven con nós diariamente.




Icía Abella

Uxía Insua

Mira a diferenza cos ollos dun neno

Neste vídeo, "The eyes of a child", a asociación francesa Noémi, propuxo a un grupo de pais/nais e fillos/as que imitaran os xestos da xente que aparecía en  televisión. Todo resultaba moi divertido ata que aparece en pantalla unha nena con discapacidade. A continuación vou expoñer o meu punto de vista sobre as reaccións de ámbolos dous grupos.


Dende o meu punto de vista, as reaccións que teñen tanto as persoas adultas coma os nenos e nenas son normais.
Estou de acordo en que a reacción dos adultos e adultas ven dada polos prexuízos, pensamentos e valores que nos vai inculcando a sociedade. A comunidade inculca esas ideas e comportamentos co fin de levar unha convivencia “ordenada”, “respectuosa” e “cordial”.  
Os nenos e nenas están libres desas influenzas sociais e ven ás persoas coma o que son, persoas.
As persoas adultas pensan que esas “faltas de respecto” débense á falta de coñecementos ou educación que teñen as criaturas ata chegar a certa idade, sen darse de conta de que esa falta de entendemento é a verdadeira sabedoría da que dispoñen os seres humanos.
Creo que é moi importante que as persoas, teñan a idade que teñan, non sintan que están separados  por ningunha clase de características ou categorías. Tódalas persoas deben sentirse diferentes e normais con respecto ao resto de persoas: “diferentes” porque non existen dúas persoas iguais, e “normais” porque todos e todas temos os mesmos dereitos e debemos poder acceder a tódalas oportunidades e ser tratados/as con respecto e sen que as nosas diferenzas interfiran no noso trato coas demais persoas.
En conclusión, creo que a actitude dos nenos e nenas é correcta, pero tamén creo que tódalas persoas, a partir dunha certa idade, tomamos como correcto o comportamento dos adultos/as do vídeo. Sería marabilloso que todos puideramos comportarnos abertamente sen sentir cortes ou que estamos facendo algo indebido cando non temos intención de prexudicar ou ofender a outras persoas, pero aínda temos que percorrer un largo camiño para iso.
Nos, coma mestres e mestras debemos apoiar e fomentar ese cambio de pensamento para que chegue o día en que todos e todas sexamos “normais” a os ollos dos demais.

Uxía Insua

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...