martes, 14 de mayo de 2019

Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusión para pícaros/as con NEE ou NEAE nos centros, e sobre como traballar con eles/as, respectando a súa máxima inclusión dentro da súa aula e centro.
Elixín esta materia porque a inclusión paréceme un elemento fundamental na formación dos e as docentes, xa que necesitamos saber que podemos facer nos casos nos que teñamos alumnado con necesidades especiais para conseguir o seu máximo desenvolvemento, aprendizaxe e integración dentro da sociedade.
O meu ambiente de aprendizaxe ao comezo (en infantil e primaria) foi algo pobre, xa que non dispoñía de ordenador nin internet, pero por fortuna non foi necesario. En secundaria adquirimos un ordenador, e nese caso si que tiven certos problemas por non ter internet, polo tanto acabámolo instalándoo en casa. A partir de bachillerato xa tiven todas as comodidades. Tamén dispuxen de enciclopedias de coñecemento xeral e inglés.
Gustaríame destacar que os meus intereses en canto á educación infantil en xeral son a mellora da metodoloxía, os recursos, e os espazos, dentro do que entre dentro das posibilidades de cada aula e centro. A metodoloxía que máis me interesa para a aula de educación infantil é a aprendizaxe por proxectos, pois parte dos intereses dos nenos/as, algo que considero fundamental. Para finalizar, comentar que as miñas prácticas realiceinas na escola infantil Galiña Azul de Esteiro-Ferrol.

Neste blogue pretendo deixar constancia de todo o aprendido na materia de bases didácticas da educación inclusiva.

Uxía Insua

Ola! O meu nome é Uxia Insua Castro, alumna do Grado de Educación Infantil da Universidade da Coruña.

En este blog prendese facer unha recompilación de todas as actividades feitas na materia de Bases Didácticas para a Educación Inclusiva.

Eu fixen as prácticas na E.I.M. Arela, na aula dos pequenos de un ano e, aínda que non tiven a oportunidade de traballar ou ver como traballaban con algún neno ou nena con NEE ou NEAE, sei que en un futuro é case seguro que me toparei con alumnado con distintas necesidades e creo que esta recapitulación de información e actividades pode ser moi útil para o meu futuro profesional e que me permitirá atender ás necesidades de todo o alumnado na medida do posible e ampliará o meu coñecemento e forma de pensar para poder aspirar a ser unha docente que faga o posible para que o seu traballo conte para todos/as e que poida contribuír á mellora so sistema educativo.


En relación a este último, creo que avanzamos moito co paso dos anos e a atención que se da agora non é a mesma que tiveron meu pai e miña nai ou mesmo eu, pero creo que se pode facer moito mellor e temos que esforzarnos para que cada unha desas melloras e estratexias chegue a todas as aulas e este dispoñible para todo o profesorado e alumnado.

Uxía Insua

The eyes of a child


A miña opinión sobre a distinta reacción entre os/as adultos/as e os/as nenos/as é que os/as nenos/as, grazas á súa inocencia, non ven ningunha diferenza entre as outras persoas e a nena con discapacidade, polo tanto non ven nada malo en imitala tamén. Sen embargo, os/as pais/nais, que xa perderon a inocencia fai tempo, saben os "problemas" que sufre esa nena debido a súa discapacidade, polo que a ven como unha persoa diferente ó resto, e quizás sinten que imitándoa estarían burlándose dela, ou algún pensamento similar. 
Sen embargo, como ben di o título do vídeo, todos e todas deberíamos comportarnos coma fixeron os/as nenos/as, divertíndonos con ela e imitándoa, pois é unha nena igual que calquera outra, só que posúe unhas capacidades diferentes ás nosas, e é o único no que é diferente, polo resto é unha persoa igual a calquera de nós. Deberíamos pensar así, e non reparar en sí a estamos ofendendo ou burlándonos dela, senón en que a estamos tratando igual ó resto, como fan os/as nenos/as. É o único trato que ela merece: O igualitario.
Icía Abella

Convertido en mariposa



Na entrada de hoxe gustaríame deixar unha reflexión personal que fixen sobre o corto "O Circo das bolboretas". Neste corto, contrapoñíanse dous tipos de circo distintos, representados polo circo das variedades e o circo das bolboretas.
No circo de variedades trataban ás persoas "diferentes" coma un obxecto de espectáculo, exibíndoas ante a xente para que ésta se poidera burlar delas, e á súa vez sentirse mellor, por non ter as mismas características que esos "seres". En cambio, no circo da bolboreta trataron ó protagonista (un dos "seres" que exhibían no antedito circo, un home sen brazos e con pes diminutos) coa humanidade que sempre mereceu, validándoo como a persoa capaz que é. Os valores que aparecen no filme son o respeto, a amizade, a autonomía, a valoración persoal e o cariño. Pola contra, os contravalores que aparecen son o insulto, a burla, a negación persoal, o desprecio, o maltrato e o abuso. O momento do filme que máis significou para min foi cando ó final o neno pertenecente ó circo das bolboretas, que tiña unha eiruga nun bote, sóltaa xa convertida en mariposa, como unha metáfora da evolución persoal do protagonista, que pasou de non poder moverse nin nadar a ser moito máis autónomo gracias á aceptación e axuda que recibiu por parte dos seus colegas do circo das bolboretas.


Icía Abella

Todos somos diversos

Na entrada de hoxe amoso unha ferramenta chamada Symbaloo, que é útil para reunir calquera tipo de páxinas web ou apps, e así crear un entorno propio de recursos para poder usar na aula, compartilos con outros mestres ou alumnos/as, entre outras utilidades.
O Symbaloo de exemplo que eu realicei inclúe información sobre a atención á diversidade, tanto en xeral como aplicada á educación infantil, así como sobre as necesidades educativas especiais e as necesidades específicas de apoio educativo, todo a través de distintas webs que nos falan deses temas. Ademáis disto, amosa unha serie de recursos e xogos, algúns online e outros para realizar no aula, moi interesantes para utilizar cos nenos/as.

Icía Abella

Código QR



O código Qr que se presenta a continuación levará ao enlace do portafolio dixital desta materia, feiro na plataforma de  Blogger chamado “Inclusión e Diversidade”.


Icía Abella

Uxía Insua


miércoles, 8 de mayo de 2019

Nube de palabras

A continuación mostrase unha nube de palabras con termos sobre a atención á diversidade.


Icía Abella

Uxía Insua


Icía Abella

Chámome Icía Abella González. As miñas expectativas de aprendizaxe nesta materia son o aumento do meu coñecemento sobre medidas de inclusió...